CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Activo un incendio forestal no municipio de Carballeda de Valdeorras

 

Dende as 16:35h. desta tarde de sábado 17 de xullo está activo un incendio forestal na parroquia de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e, segundo as primeiras estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.

Debido a este lume, a Consellería solicitou o corte da catenaria e da vía do tren entre O Barco e A Ponferrada. No seu control participan 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 7 helicópteros.

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button