EconomíaEconomíaÚltima hora

Acto central da campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, esta tarde no Barco

 

O Barco acollerá esta tarde o evento final da campaña de dinamización comercial “Mercar no teu comercio ten premio”, que empezará ás 18.00 hs na praza Andrés de Prada da vila. Neste lugar, entre as 18.00 e as 20.00 hs, poderán canxearse os tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 8 ao 14 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 900 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso de O Barco Aberto CCA.

Así, todos os clientes de O Barco que realizaran compras no comercio de proximidade entre o 8 e o 14 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 900 euros en premios. Este sorteo contará mañá coa presencia de representantes das entidades organizadoras.

Artigos relacionados

Back to top button