Con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, tiña lugar un acto simbólico ás 12h. no exterior do Concello do Barco, coa participación de membros do equipo de goberno e tamén de cidadáns. Gardábase un minuto de silencio.
Ademais facíase público un manifesto do Concello, consensuado polos catro partidos que integran a Corporación, de rexeitamento á violencia de xénero e convidando á cidadanía a “manifestarse en rexeitamento da violencia de xénero. Cada un no seu posto de traballo: Concello, institucións públicas, asociacións, tendas e hostalaría, escolas e institutos”. O texto conclúe pedindo un municipio do Barco “libre de violencia de xénero”.
Ademais durante a pasada noite iluminábase de violenta a fachada do Concello Vello do Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella, agás as tres últimas que son cedidas polo Concello do Barco.