Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Acto cultural do BNG de Valdeorras polo 17 de maio, xunto a escultura de Castelao no Barco

 

No Paseo do Malecón barquense, á beira da escultura adicada a Castelao, festexaba o Día das Letras Galegas no mediodía deste 17 de maio. “Este día instituíuse cando se facían 100 anos da publicación de “Cantares Galegos” de Rosalía. E precisamente quen contribuíu a que se instituíse esta celebración foi Francisco Fernández del Riego a quen se homenaxea este ano. As letra, a literatura, a comunicación traballan coa lingua, neste caso, coa lingua galega, por iso dende o BNG non queremos nin podemos deixar pasar este día sen ter un pequeno acto simbólico de defensa da lingua, da literatura e da cultura galega”, dicía Manuel Agra Villar, número 2 da candidatura da formación nacionalista no Barco, ao inicio do acto.

Despois dábase paso a unha lectura de textos, que iniciaba Elva Delgado Vázquez, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, que recitaba un poema do autor valdeorrés no que se defende o uso da toponimia valdeorresa.

Despois Manuel Agra facía unha mención especial á dona de Francisco Fernández del Riego, a barquense Evelina Hervella Nieto. “Hoxe estase poñendo en valor ás mulleres investigadoras, pois Evelina era unha pioneira, ela era farmacéutica”.

 

 

Tamén interviña o candidato á alcaldía polo BNG no Barco, Suso Vilasánchez, que destacaba a importancia de ter unha lingua propia. “As letras son o debuxo do noso idioma, son os sons dos nosos antepasados, escribe en galego”.

Finalmente, dábase lectura a un manifesto con motivo deste 17 de maio, ao que poñía voz Germán Alejandre, número 11 da lista do BNG na Rúa. E logo realizábase unha ofrenda floral á escultura de Castelao.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button