SanidadeÚltima hora

Acto de celebración do Día Internacional da Enfermería no Hospital de Ourense

Ángeles Puga coa enfermeira que a atendeu na UCI Lourdes Bermejo./ Cedida.

 

A Área Sanitaria de Ourense conmemoraba este 12 de maio o Día Internacional da Enfermería cun emotivo acto de homenaxe do propio persoal de enfermería ao resto de colectivos profesionais pola súa axuda e colaboración imprescindible para desenvolver este estenso labor, presente en todas as áreas e servizos da sanidade pública, e moi especialmente ao longo desta pandemia.

Entre asistentes ao acto, no que tamén se creaba un mural xigante, estaba Ángeles Puga unha das pacientes atendidas por Covid na unidade de críticos de Ourense, cuxa presenza agradecida emocionada Lourdes Bermejo, enfermeira que a atendeu durante o seu ingreso na UCI. Ademais a enfermeira entregáballe un ramo de flores.

Outra das sorpresas foi a mensaxe do cómico ourensán Moncho Borrajo e a actuación do grupo de Musicoterapia que colabora cos centros sanitarios de Ourense.

Todos os centros de Saúde e as plantas dos tres hospitais da provincia recibiron un pequeno detalle para celebrar o día grande da enfermería (bica e tarta que compartiron co resto de persoal).

 

Artigos relacionados

Back to top button