Un ano máis o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras despide aos alumnos que deixan o centro. Na tarde deste mércores 15 de maio o salón de actos acollía un acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Un acto moi bonito e emotivo cargado de nervios e emocións que se ían intercalando coas intervencións, a música por parte de dous alumnos e mesmo a proxección dun emotivo vídeo recordatorio do paso dos alumnos polo centro.

No acto falaba o profesor de historia e titor que daba consellos de futuro aos rapaces, Fátima e Manuel, encargados do discurso en nome dos alumnos en ton de humor e especialmente adicado aos profesores e tamén a directora do centro Carmen Gamarra que pechaba a gala felicitando aos mozos por ter chegado ata aquí, asegurándolles que “o instituto sempre estará aberto para vos”.
Os encargados de impoñer a banda e entregar a orla e diploma a cada un dos 42 alumnos da promoción, eran os titores Aitor e Manuela, que recibían agasallos por parte dos alumnos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.




