ConcellosDeportesNataciónÚltima hora

Acto para pedir a reapertura da piscina cuberta do Barco

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: A.R.

 

Dende o Club Natación Valdeorras vén de facerse unha chamada á sociedade do Barco, a través das redes sociais, para pedir a reapertura da piscina climatizada do municipio. “Necesitámosvos para reunirnos o mércores 20 de outubro ás 19:30h. diante da piscina cuberta do Barco para amosar que necesitamos a nosa piscina por saúde, por facer deporte, polos nosos fillos, por diversión e tantas razóns máis…”, aseguran dende esta entidade deportiva.

Tamén explica este club que, “tras un longo tempo no que a situación epidemiolóxica e as restricións sanitarias fixeron moitas cousas imposibles, necesitamos volver a contar coas nosas instalacións deportivas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button