PolíticaÚltima hora

Acto simbólico do BNG en favor dos refuxiados, nas Burgas

Ademais de en Ourense, tamén tiñan lugar actos deste tipo da formación nacionalista na Coruña, Santiago, Vigo ou Lugo
Un dos momentos do acto do BNG nas Burgas.
Un dos momentos do acto do BNG nas Burgas.

Baixo o lema de “Galiza c@s refuxiad@s. Non á Guerra” o BNG realizaba unha serie de actos reivindicativos en diferentes puntos significativos de Galicia na mañá do 16 de abril. Un deles tiña lugar nas Burgas, referente simbólico da cidade de Ourense. Alí un grupo de militantes e simpatizantes da formación despregaban unha faixa. Deste xeito chamaban ao pobo galego a mobilizarze a favor da solidariedade e manifestar o repudio ás actuacións das institucións e os gobernos europeos.

Unha das intervencións durante esta acción reivindicativa do BNG nas Burgas.
Unha das intervencións durante esta acción reivindicativa do BNG nas Burgas.

No acto tomaba a palabra o responsable comarcal desta formación, Daniel Gómez, quen se refería á “vergoña dunha Unión Europea insolidaria que pecha as portas ás milleiros de mulleres e homes desesperados que fuxen da guerra e da situación política dunha rexión desestabilizada”. Ademais aseguraba que “se hai vontade política, é posible tamén impulsar medidas desde os ámbitos achegados. Dende os Concellos e dende as institucións galegas debemos e podemos presionar ao goberno do Estado, como esta facendo o BNG aí onde goberna”.

Tamén se realizaban actos simbólicos semellantes na Torre de Hércules na Coruña, na Catedral de Santiago, na Muralla de Lugo, na Cruz do Castro en Vigo ou na ponte internacional de Tui.

Artigos relacionados

Back to top button