ConcellosPetínÚltima hora

Actos contra a violencia e pola igualdade de xénero, o 25 e o 27 de novembro en Petín

 

Un ano máis o Concello de Petín súmase á conmemoración do 25N cunha serie de actos contra a violencia de xénero.

O central será este xoves, 25 de novembro ás 12 horas coa concentración e lectura do manifesto na praza Dr. Quiroga. Nese mesmo lugar haberá un “Punto Violeta” con folletos informativos sobre a violencia, camisetas, bolsas, mochilas, chapas, neceseres, pulseiras e tapacamaras. Ese mesmo día pola tarde, ás cinco, proxectarase na Casa da Cultura o documental Sen tocar un pelo.

E xa para o sábado 27 de novembro, está previsto un contacontos pola igualdade de xénero, ás 17 horas na Casa da Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button