CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Actuación dos Jethro Tull, a dúas horas de Ourense

Ofrecerá un concerto o vindeiro 19 de febreiro no Pavilhão Rosa Mota de Oporto

A banda Jethro Tull./ Cedida.

 

A nova xira de Jethro Tull chegará este mes a Oporto para presentar o novo trballo desta banda inglesa, “The Zealot Gene”. O veciño escenario portugués de Super Bock Arena-Pavilhão Rosa Mota acollerá o vindeiro 19 de xaneiro un directo no se poderán escoitar algúns dos seus clásicos xunto a novos temas.

Este grupo inglés, con varios éxitos de vendas e críticas, está considerado unha auténtica historia viva do rock progresivo. Actualmente está formado polo lídero Ian Anderson e músicos como o baixista David Goodier, o teclista John O´Hara, o baterista Scott Hammond e o guitarrista Joe Parrish. Ademais ten previsto lanzar un novo álbume para o 2022.

Agora chegan á península, dentro da súa xira internacional, nun concerto para ser recordado. As entradas están dispoñibles a través da plataforma ticketline a partir de 40 euros.

Artigos relacionados

Back to top button