ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Actuacións de mellora no Xeomiradoiro do Alto do Boi e na Mina da Toca (Folgoso do Courel)

Ambas as intervencións, realizadas a través dun convenio entre o Concello e Turismode Galicia, supuxeron un investimento de 29.000 euros

Alto do Boi./ Cedida.

 

Melloras no xeomiradoiro do Alto do Boi e na Mina da Toca. Estas intervencións eran o obxecto do convenio asinado entre o Concello de Folgoso do Courel e a Axencia Turismo de Galicia, que se vén de executar e que supuxo  un investimento de 29.000 euros.

O xeomiradoiro do Alto do Boi atópase pasado o km 12 da LU-651 desde onde pode verse Vilar, Vilamor e parte do val do Río Lor. As actuacións levadas a cabo na contorna do mesmo consistiron na instalación dun valado de madeira ao longo do camiño de acceso ao miradoiro. Tamén se creou unha zona de aparcamento e instalouse un panel interpretativo e un banco de madeira na zona do aparcadoiro. A intervención supón unhas vistas espectaculares do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

 

MIna da Toca./ Cedida.

 

Por outra banda, as actuacións na Mina da Toca, no monte do núcleo de Piñeira, consistiron na roza da matogueira existente nos accesos á mina. Fíxose a roza da matogueira, a recollida e apilado de residuos e a trituración e picado de restos nun sendeiro que enlaza o lugar de Piñeira coa Mina da Toca. Tamén se instalou equipamento de información e interpretación para facilitar o acceso á mina a través da colocación dunha mesa de interpretación.

A maiores, e co propósito de evitar caídas aos visitantes, colocáronse 80 metros de talanqueira e 3 sinais preventivas.

Revalorización dos recursos turísticos

Este proxecto supón “a revalorización destes dous recursos turísticos do Concello de Folgoso do Courel”, segundo destaca a súa alcaldesa Lola Castro. Con estas obras búscase mellorar o acceso aos dous puntos de elevado interese turístico dentro do Concello de Folgoso do Courel que se atopaban nun deficiente estado de conservación, no caso do Alto do Boi por mor dos incendios de agosto do pasado ano.

Artigos relacionados

Back to top button