EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Actyon achega ao alumnado do Pablo VI-Fátima o papel da muller en empresas como a súa, con sede na Rúa

 

No marco do 8M e aproveitando a xornada de titoría, o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa acollía na tarde deste xoves 9 de marzo unha charla sobre o papel da muller na empresa, destacando a súa presenza cada vez maior na vida laboral, tal como adiantaba o director do centro José Fernández de Abajo.

E facíao da man de Actyon, empresa punteira no sector da construción, especialmente de túneis, con sede na Rúa, que presentou aos alumnos da ESO e Bacharelato a súa traxectoria, o seu sistema de traballo e o papel que xogan as mulleres na empresa.

 

 

Baixo o título de “Muller e novas formas de emprego” a encargada de presentar o proxecto era unha das súas  traballadoras, Laura González Rodríguez, graduada en Dereito e técnica superior en Saúde Ambiental, quen explicou aos asistentes a orixe da empresa, facendo un percorrido pola historia de mulleres destacadas no mundo empresarial.

Da parte técnica encargábase o xefe de produción da empresa, Agustín Álvarez, quen destacaba tamén a presenza cada vez maior de mulleres.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button