ConcellosO BarcoÚltima hora

Adeus a Wilson Jones, barquense de ascendencia inglesa que xogou no Real Madrid e na selección

Wilson Jones./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Wilson Jones Rodríguez nacía un 19 de maio de 1934 na daquela rúa José Antonio do Barco. Este valdeorrés, de ascendia inglesa, daba os primeiros pasos da súa meritoria e desacada carreira futbolística na súa vila. “Con 13 ou 14 anos xa adestraba co primeiro equipo do Barco, chegando a xogar en Madrid no ano 50 fronte ó Obras del Puerto de Alicante a final do Campionato de España de Educación e Descanso, acadando o ascenso á primeira categoría desta competición. Tamén practicaba o baloncesto co Barco; lembro aqueles encontros de gran rivalidade co Trebol de Ponferrada”. Así o contaba o propio Jones nunha reportaxe publicada anos atrás en O SIL Deportivo.

No ano 1951 trasladábase a Oviedo para estudiar Dereito, e aí onde proba co equipo desta cidade, por aquel entón en 2ª división. Tendo xa 18 anos, ficha polo Lemos en 3ª división, e será precisamente dende o conxunto lucense dende onde vai da-lo gran salto ó Real Madrid, co que asinaría o seu primeiro contrato profesional. Na temporada 53-54, Wilson irá cedido ó Lérida, en 2ª división, co que disputou a liguiña de ascenso. Ó remate da temporada volta ó Real Madrid e inicia a 54-55 de novo cedido, nesta ocasión, no Alavés en 1ª división. Despois, voltaría ao Real Madrid, co que se proclamaría campión de Europa na 1955-56. Ademais nas temporadas 1956-57 e 197-58 chegou a ser convocado coa Selección Española B nun España-Italia.

Wilson Jones, que residía en Ourense, mantivo sempre un estreito vínculo coa súa vila natal, onde era unha persoa querida. Este destacado ex futbolista falecía o domingo 11 de xullo aos 87 anos de idade.

Comunicado oficial do Real Madrid

Dende o Real Madrid emitíase un comunicado lamentando a morte do seu ex xogador. “O Real Madrid C. F., o seu presidente e a súa Xunta Directiva lamentan profundamente o falecemento de Wilson Jones, que vestiu a camiseta do noso club entre os anos 1955 e 1956, nos que gañou 1 Copa de Europa. O Real Madrid quere expresar as súas condolencias e o seu agarimo e afecto a todos os seus familiares e seres queridos e a todos os clubs nos que xogou durante toda a súa carreira. Wilson Jones faleceu aos 87 anos de idade. O Real Madrid fai extensivas as súas condolencias a todo o madridismo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button