As Xuventudes Socialistas (XS) do Barco veñen de renovar a súa comisión executiva municipal nunha asemblea extraordinaria celebrada a finais de xullo. Nela resultaba elixida a candidatura liderada por Adrián Borrajo Rodríguez. Deste xeito Borrajo convértese no novo secretario xeral das XS barquenses, substituíndo no cargo a Ángel Arias. Ademais encabeza un equipo do que tamén forman parte Alejandro Fernández (Secretaría de organización e acción electoral), Andrea Garrido (Secretaría de relacións institucionais e política municipal).
A nova executiva aposta por comezar a traballar no Barco e “crear unha liña de traballo en defensa da educación e sanidade pública de calidade e gratuíta. Tamén prevén “poñerse en contacto coas distintas organizacións políticas e sindicais de esquerdas para tratar os temas máis trascendentais”.
Ademais elexíase á delegación ante o Comité Nacional de Xuventudes Socialistas de Galicia. Na asemblea contábase coa presenza de Mario Tarrio (coordinacor provincial) e de Aitor Bouza (secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia), que agradecía o labor da executiva saínte e animaba á nova a traballar con ilusión e forzas.