DeportesFútbol salaÚltima hora

Adrián Pérez (ED do CD Trives) forma parte da Selección de Ourense de Fútbol Sala Benxamín Mixto

Adrián Pérez co adestrador Fermín Santoveña./ Foto cedida.

 

Tamén as Terras de Trives terán representación no Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala que celebrará fase previa mañá, 6 de decembro, en Marín.

Un xodagor das Escolas Deportivas do CD Trives, Adrián Pérez Codesido, foi finalmente convocado coa Selección de Ourense de Fútbol Sala Benxamín Mixto, formando parte do equipo que xogará mañá no Pavillón do Colexio San Narciso.

O primeiro partido xogarano ás 10:30 horas contra a Selección de Santiago; o segundo ás 12:30 horas contra a Selección de Vigo; e o terceiro ás 18 horas contra a Selección de Pontevedra. Os clasificados nesta fase irán á final que se xogará o día 23 de decembro nas Pontes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button