En portadaÚltima hora

Adxudicada a redacción do proxecto do tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá da A-76

O presuposto de adxudicación por parte do Ministerio de Fomento ascende a 1,85 millóns de euros

O Ministerio de Fomento vén de anunciar a adxudicación e formalización do contrato de servizos de redacción do proxecto de trazado e construción do tramo entre Requejo, na provincia de León e A Veiga de Cascallá (Rubiá), na provincia de Ourense, da futura autovía A-76 Ponferrada-Ourense (conexión que a comarca de Valdeorras enteira leva décadas reivindicando) por un importe de 1.847.823 euros.

Segundo adiantan dende Fomento o obxecto do proxecto é “definir a solución escollida trala información pública e a evaluación ambiental do estudo informativo”, asegurando que esta actuación “conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120 nese tramo, mellorando de forma notable os tempos de percorrido e a seguridade”. Unha estrada deteriorada, remendada e en moi mal estado, que segue sendo a conexión principal entre a comarca de Valdeorras e a capital da provincia.

 

Artigos relacionados

Back to top button