En portadaÚltima hora

Adxudícanse as obras da nova estación de alta velocidade da Gudiña

A construción desta instalación está orzamentada en máis de 3,2 millóns de euros
Infraestruturas da liña de alta velocidade na Gudiña./ Foto: Carlos G. Hervella.

Adif Alta Velocidade vén aprobar a adxudicación do contrato para a construción da nova estación de alta velocidade “Porta de Galicia”, situada na Gudiña e dentro da LAV Madrid-Galicia, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria.

O contrato ten sido adxudicado á UTE formada polas empresas Dragados e Tecsa por un importe de 3.227.987,45 euros (IVE incluído), segundo informa o Ministerio de Fomento.

Esta estación construírase no termo municipal da Gudiña enre os puntos quilométricos 206/230 e 206/630 o tramo Lubián Ourense, no lado sur da plataforma da LAV Madrid-Galicia e “atenderá aos servizos ferroviarios de longa distancia en ancho estándar, característico da alta velocidade”.

A execución do proxecto inclúe as seguintes actuacións: construción de edificio de viaxeiros, formación de andéns (soleira, pavimentos, bordiños, cerramentos e elementos auxiliares), e contrución de marquesiñas sobre éstes, acondicionamento do paso inferior de acceso a andéns con elementos de comunicación vertial, así como o aparcamento, urbanización exterior e accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e conexión co vial de acceso á estación dende o seu enlace á estrada OU-533.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button