Entre os asuntos que se abordaban na xunta directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebraba na tarde do 16 de xuño, estaban as queixas que se está a recicibir dende diferentes sectores produtivos da zona sobre “a competencia desleal que supón a realización de traballos por parte de persoas que non teñen legalizada a súa situación empresarial”, segundo facía público esta organización empresarial.
Asemade AEVA informaba de que na súa xunta directiva acordábase por unanimidade “poñer en coñecemento da Inspección de
Traballo estes feitos e proporlle que tomen medidas máis contundentes contra a competencia desleal, para tratar de erradicar estas prácticas que están ocasionando graves perxuizos aos empresarios legalmente establecidos”.