EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER pon en marcha a campaña do Día do Pai en Verín

O xerente e o presidente de Aever, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez.

 

Do 6 ao 19 de marzo desenvolverase a campaña Día do Pai posta en marcha pola a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) coa finalidade de “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas e a fidelización de clientes”.

A campaña, presentada polo xerente e o presidente de Aever, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, consite nun sorteo de 5 cheques regalo de 100 euros cada un para mercar no comercio local. Para participar os clientes deberán enviar unha foto do seu tícket de compra de algún establecemento asociado a AEVER xunto co seu nome e teléfono ou correo electrónico a  aeverccu@gmail.com. Poden participar as veces que o desexen e o día 20 procederase ao sorteo online a través de Google e publicarano nas redes sociais da asociación de empresarios de Verín.

Os gañadores terán ata o 3 de abril para gastalo, cun mínimo de dous establecementos e un máximo de 50 euros. Cada establecemento terán un corazón recortable onde porá “Quérote Papa”, para que os clientes que o desexen fagan unha foto.

Artigos relacionados

Back to top button