Na tarde do venres 30 de agosto, o centro de adestramento “AF Training Studio” celebraba o sétimo aniversario da apertura no Barco de Valdeorras.

Tal como explica André Faria, foi un evento para os socios do centro de adestramento que arrinca a súa sétima tempada, a segunda en Andrés de Prada, como “despedida do verán e un encontro para dar a benvida a esta nova tempada que comezará o luns día 2 de setembro de 7:30 a 22:30”.

Unha tempada que se presenta moi ilusionante e cun aumento no plantel, pasando a contar con catro adestradores titulados en Ciencias do Deporte. Ademais, “debido á alta demanda da tempada pasada abriremmos unha hora máis cada día, prolongando as sesións de tarde ata as 22:30 horas”, adianta Faria, contento de que o deporte e a saúde sigan crecendo na comarca de Valdeorras na que cada día hai máis oferta “algo que non está afectando ao aumento de socios ano tras ano neste centro”.
Fotos cedidas.



