AutomobilismoDeportesÚltima horaVídeos

Afeccionados barquenses no 57 Rally de Ourense, o terceiro para “Cohete” Súarez

O equipo Recalvi facía dobrete co ourensán Pardo no segundo chanzo do podio e Cachón no terceiro

 

Na tarde deste sábado 15 de xuño o asturiano “Cohete” Suárez lograba o seu terceiro afilador ao proclamarse campión do 57 Rally de Ourense Recalvi. O piloto de Skoda, xunto ao seu copiloto Alberto Iglesias, foron os máis rápidos desta edición logran o seu segundo triunfo consecutivo na proba ourensá. Segundo era o alaricano Javier Pardo, tamén do equipo Recalvi que finalizou segundo co seu Skoda; e Alejando Cachón, que terminou terceiro co seu Toyota tras unha sanción de sesenta segundos.

 

“Cohete” Suárez campión do 57 Rallye de Ourense Recalvi.

 

Iván Ares, un dos favoritos do Rally de Ourense, xa dicía adeus ás súas opcións onte por un problemas de freos, tendo que abandonar hoxe tras unha saída de vía na primeira pasada polo tramo de Castrelo e Cartelle.

 

 

E entre os centos de afeccionados que seguiron esta edición do ROU, menos calurosa que noutras ocasións pero igualmente soleada, non faltaron os valdeorreses en diferentes tramos como o de Barbadás ou o de Amoeiro.

 

Afeccionados do Barco no tramo de Amoeiro a primeira hora deste sábado.

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button