O piloto de rallyes francés Sébastien Ogier agrandou aínda máis a súa lenda reescribindo os libros de historia ao conseguir a súa décima victoria, todo un récord, no Rally de Montecarlo, proba inaugural do Campionato do Mundo de Rallyes da FIA 2025 que se celebraba entre o 22 e o 26 de xaneiro nos Alpes franceses.
Todo un acontecemento seguido por numerosos afeccionados entre os que había xente de Valdeorras.

Pilotando un Toyota GR Yaris Rally1, Ogier asegurou a vitoria cunha vantaxe de 18,5 segundos sobre o seu compañeiro de equipo Elfyn Evans tras unha última xornada de infarto.A segunda proba do WRC terá lugar na neve e o xeo de Suecia. A única cita puramente invernal da serie terá lugar en Umeå do 13 al 16 de febrero.

Fotos e vídeo cedidos.



