É unha das actividades que máis éxito ten por iso completaba unha vez máis o aforo. Máis de 130 persoas (que acabarían sendo 150 para a festa), asistían na noite deste sábado 18 de novembro á cea do Magosto do Casino Barco.
Alí, por unha entrada de 18 euros, os asistentes desfrutaban dun completo menú a base de caldo galego (elaborado por Marta e Isabel), bolos preñados, castañas asadas (de Castañas Barredo), torta de roxois, viño, refrescos e licores.
Coma sempre os pratos eran servidos por membros da directiva da Asociación Casino do Barco e, tras a parte gastronómica, viña a musical cun concerto do grupo ponferradino Denominación de Origen Band.
Fotos: Mónica G. Bellver.