OurenseÚltima hora

AFOU presenta o reto solidario “Marca un Gol al Covid” a beneficio de Cruz Vermella Ourense

A árbitra Zulema González e o xogador Borja Fernández foron os encargados de apadriñar a iniciativa nun acto celebrado esta mañá na sede da asociación

A árbitra Zulema González e o xogador Borja Fernández foron os encargados de apadriñar a iniciativa solidaria “Marca un Gol al Covid”, presentada esta mañá na sede de Cruz Vermella de Ourense. Este reto organizado pola Asociación de Fútbol e Fútbol Sala de Ourense (AFOU) en colaboración con Run Maniak e Ranckr, e a beneficio de Cruz Vermella Ourense, terá como premio unha camiseta e un balón firmado polos xogadores internacionais que participaron no último partido oficial, España-Rumanía, celebrado no Wanda Metropolitano.

 

Durante a presentación da iniciativa.

 

Para participar no reto é necesario inscribirse en Ranckr e subir vídeos dando polo menos dous toques a un balón ou a papel hixiénico chutando a porta, co hashtag #GOLCRUZROJA. O vídeo pódese subir a través do formulario, vincular a URL de Youtube ou Vimeo, ou compartíndoo directamente en Twitter ou Instagram co hashtag. O prazo está aberto ata o 30 de xuño e a inscrición ten un prezo de 5 euros ou un donativo maior.

Así, ademais de Zulema González e Borja Fernández, no acto participaron o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro; o portavoz da Asociación de Fútbol e Fútbol Sala de Ourense (AFOUR), José Luis Cachaldora; e José Manuel Regueiro, de Run Maniak.

 

Artigos relacionados

Back to top button