Un grupo de nenos de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives viaxaban en maio ata a cidade francesa de Toulouse para participar no Rally Científico e Matemático sen Fronteiras 2015. Alí xunto con outros catro centros de Galicia, entre os que esta o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras conseguiron acadar o primeiro premio.
Un mes despois, os concellos recibían aos gañadores para felicitalos polos logros acadados. Así, na mañá do martes, 23 de xuño, o equipo formado por Luis Ángel Álvarez, Marcos Fernández, Blas Méndez, Nuria González, Iria Álvarez, Selma Rodríguez, Lara Diéguez e Eva Quintela Baloira foi recibido, xunto con profesores (entre eles o director do instituto), no Salón de Plenos do Concello de Trives polo tenente de alcalde, a concelleira de Cultura e o Concelleiro de Educación, para felicitalos e facerlle entrega dun agasallo.