CD ArenteiroDeportesFútbolÚltima hora

Agasallos para a afección verde no descanso do Arenteiro-Langreo que se saldaba co 0-1 no Carballiño

 

Non foi o seu mellor partido, polo menos en canto a resultado pero malia a derrota desta tarde ante Langreo no campo de Espiñedo, a traxectoria ao longo da liga mantén ao CD Arenteiro como campión e equipo de Primeira Federación, asegurando que “a nosa forza síntese tamén cando non conseguimos a vitoria”.

 

 

Co 0-1, gol marcado polos visitantes no minuto 69 remataba o partido da xornada 31 en Segunda Federación. Un partido que o club verde, da man do seu presidente Argimiro Marnotes, aproveitaban para dar un agasallo a unha parte da afección durante o descanso.

 

 

“Vai para eses que inician os berros e deixan os seus folgos e a súa gorxa en reunir ao xogador número 12 nunha soa voz”, din dende o club, explicando que Mateo recollía as medallas en representación do grupo que se sitúa na bancada “e fai tremer o templo”; e Darío e Milito no nome de Tropas de Flores, “que empezan a crear ambiente fóra e continúan detrás da portaría animando aos xogadores de principio a fin”, recollían unha bandeira. “Grazas a todos por permanecer ao lado do CD Arenteiro e por constituír unha parte fundamental do club. Isto vai por todos vos”, conclúen.

 

 

A seguinte cita para o Arenteiro será en Zamora.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button