ConcellosO BarcoÚltima hora

Aínda, cita coa canción de autor no Terrasón do Barco

Publicidade

 

O Paseo do Malecón do Barco convertíase en escenario da cuarta actuación do II Terrasón, un ciclo de música ao vivo promovido polo Concello. Nunha noite cálida como a de onte numerosas persoas respondían á proposta e desfrutaban da música do compositor berciano Aínda, cuxo concerto comezaba ás 22:30h. nas proximidades da pasarela do Salgueiral.

Esta era ademais a primeira vez que Aínda actuaba en Valdeorrras e neste acto presentaba temas do que será o seu novo traballo: “Karavasar”.

A seguinte actuación do Terrasón terá lugar o venres 20 de agosto da man de Sofía Espiñeira (Mugardos, A Coruña). Será as 22:30h., tamén no Malecón, pero na zona próxima ao Casino.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button