CulturaCulturaÚltima hora

Aire internacional na 36º edición do encontro que reunirá na Rúa a 35 poetas

Da man do IEV será os días 5 e 6 de xullo, en homenaxe a A. González Guerrero e a Pepy G. Clavijo

María Carmen Gago e Emilio Vega nunha edición anterior do Encontro de Poetas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O 36º Encontro de Poetas celebrarase os días 5 e 6 de xullo, en homenaxe a A. González Guerrero e a Pepy G. Clavijo, coa participación dun totald e 35 poetas das catro provincias galegas e do Bierzo (León). Tamén participarán Isabel Pinto Morais chegada dende a localidade portuguesa de Porto e Gabriela Cuba que participa desde Perú.

Da man do IEV (presentado pola presidenta da sección de Poesía, Mª Carmen Gago Florenti, e Emilio Vega) e coa colaboración do Concello da Rúa, celebrarase como vén sendo habitual no salón de actos do antigo colexio das monxas (rúa Felgar) comezando ás 20:30 horas.

Na xornada de mañá, venres día 5 de xullo a actuación musical correrá a cargo de José Luis Luengo (Bembibre), mentres que na do sábado será por conta da Rondalla “Sones del Cua” de Cacabelos.

 

Programa do 36º Encontro de Poetas.

Artigos relacionados

Back to top button