En portadaÚltima hora

AJE Galicia entrega os seus premios en Ourense

Entre os galardoados estaba José Antonio Losas, da empresa ourensá Conexiona, na categoría de Xove Empresario
Os galardoados nesta edición, coas autoridades asistentes ao acto e representantes de AJE.

O Teatro Principal de Ourense convertíase na tarde do 26 de xaneiro en escenario do acto de entrega de Premios AJE Galicia. O galardón ao Xove Empresario quedábase desta volta na provincia. Entregabáselle a José Antonio Losas Devesa socio de Conexiona, empresa ourensá do sector TIC que concentra a súa actividade principal no desenvolvemento de solucións baseadas en JAVA para sistemas intelixentes e en tempo real. Esta empresa creouse grazas á identificación dun importante nicho de mercado relacionado coas tecnoloxías IP. Losas recibíao de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e de Carmen José López, presidenta de AJE Galicia.

 

José Antonio Losas, socio de Conexiona, recibindo o premio ao Xove Empresario.

O premio ao mellor emprendedor correspondíalle á empresa Kaleoki, unha marca de elaboración de produtos lácteos que retoma os sabores de antaño, con novas combinacións e deseños innovadores que fan do seu principal produto algo máis que un iogur artesanal. Os encargados de entregarlle o galardón a Susana Aguiar Carral e Alex Moure Silva, responsables de Kaleoki, eran o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deoputación, acompañados por Lois Babarro, o presidente de AJE Ourense.

Outorgábanse asemade 3 accésit para as candidaturas máis destacadas en Internacionalización, a Vagalume Energía; Innovación para Txstockdata e o de Creación de emprego destinado a La Piadina Riminese. Estes accésit fueron entregados polos presidentes das Asociacións de Xoves Empresarios de Ferrol, Vigo, Pontevedra, Coruña e Lugo.

Ademais AJE Galicia, que contaba no acto con todos os presidentes das 7 asociacións galegas de Xoves Empresarios, concedía un diploma conmemorativo a todos os candidatos participantes nesta edición, un total de 17 (das catro provincias galegas e de sectores moi diversos): Alazia Couture, CoruñaHoy, Coverwind Solutions, Hume Ingeniería, Kalekoi, Misit Life, Sommera, Terravanza, Txstockdata, Xeométrica, Carlos Conde Peluqueros, Conexiona, Instituto Internacional de Marketing y Comunicación, La Piadina Riminese, Rysia, Sémola y Vagalume Energía.

Entre os intervintes no acto estaba o conselleiro de Economía, quen destacaba que os Premios AJE Galicia contribúen a fomentar a vocación empresarial, difundir a cultura emprendedora e consolidar o tecido produtivo galego. Neste sentido, sinalaba que Galicia necesita que os xoves empresarios se convertan na “pedra angular” sobre a que pivote o crecemento que se está a producir na comunidade.

Conde destacaba tamén que os proxectos premiados supoñen un recoñecemento ao traballo ben feito, ao tempo que demostran que en Galicia existe “un ecosistema emprendedor, unha terra de oportunidades na que en 2016 se crearon preto de 4.600 empresas”, un 16% máis que en 2015. Esta porcentaxe elévase ata o 17% na provincia de Ourense, onde se constituíron o ano pasado 460 compañías. Neste sentido, agradeceu o labor que realizan as asociacións galegas de xoves empresarios para impulsar o emprendemento.

Artigos relacionados

Back to top button