DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Alejandro Cadaya gana unha Carreira dos Santiños no Barco que estrea circuíto homologado

 

Dende o pavillón polideportivo de Calabagueiros (O Barco) arrancaba a partir das 11h. deste domingo 6 de novembro a 14ª Carreira Popular dos Santiños. Esta proba, cun traxecto urbano e totalmente chairo, estreaba nesta edición circuíto homologado cunha distancia de 2.500 metros. Nel competirán os atletas Sub16 (cunha volta) e as categorías de Sub18 a máster con dúas voltas (5.000 m).

Dende o polideportivo de Calabagueiros os corredores dirixiranse cara a rúa Río Mariñán, seguindo por Barco de Ávila, Paseo do Malecón (onde se instalaba un control de paso), rúas A Coruña e Calabagueiros ata chegar á meta no pavillón de Calabagueiros.

O primeiro en cruzar a liña de meta e cunha notable vantaxe sobre o resto de competidores era Alejandro Cadaya.

 

 

 

 

O programa deste evento tamén incluía probas para altletas da base nas pistas de atletismo de Calabagueiros. Comezaban a partir das 12:30h. coas Sub14, seguindo despois coas Sub12, Sub10 e prebenxamíns. Ademais de atletas do Adas, destacaba a presenza dos atletas das Escolas Deportivas de Trives e do CEIP Bibei de Viana do Bolo.

Esta nova edición da Carreira Popular dos Santiños estivo organizada polo Club Adas Cupa coa colaboración do Concello e da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA). A proba está ademais incluída no calendario galego e será controlada por Xuíces da FGA.

Para regular o tráfico e velar pola seguridade no percorrido a organización contaba coa colaboración da Policía Local, de Protección Civil do Barco, O Bolo, Vilamartín e Petín e cos voluntarios da Cruz Vermella Valdeorras, así como co apoio de Ambulancias Sil.

Ademais nas pistas había un posto da Cruz Vermella Valdeorras no que se recollía xoguetes.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

En breve ampliarase galería de fotos.

Artigos relacionados

Back to top button