DeportesFútbolÚltima hora

Alejandro Oviedo Rodríguez, do Centro de Deportes Barco á Cultural Leonesa

O deportista valdeorrés forma parte do equipo Xuvenil A con dinámica do equipo filial de Terceira, o Júpiter Leonés

 

Crecer como futbolista é a ilusión de Alejandro Oviedo Rodríguez, deportista valdeorrés que aos seus 17 anos forma xa parte da estrutura da Cultural Leonesa.

 

Alejadron Oviedo Rodríguez coa equipación do Júpiter Leonés, filial da Cultural.

 

Comezou a xogar ao fútbol dende pequeniño, pasando por todas as categorías base do Centro de Deportes Barco ata chegar ao equipo xuvenil. Nel xogaba a pasada tempada coa dinámica do equipo sénior de Terceira División co que tivo catro convocatorias, e dende o verán deste 2023 forma parte do equipo xuvenil A do club leonés que compite na división nacional aínda que facía a pretempada co Júpiter Leonés (filial de Terceira da Cultural) co que tamén ten número.

 

 

Xogador mediapunta, Alejandro é zurdo e ten moi boa visión de xogo e moi bo regate. “Ten unha zurda magnífica e tamén moi bo golpe a balón parado”, aseguran orgullosos os seus pais, destacando que é un rapaz que vive polo fútbol á parte de manter os estudos. “Está moi centrado e comprometido co deporte e o seu obxectivo é medrar como futbolista, esa é a súa ilusión”, din. Unhas cualidades que levaron a un observador de Protio Sport, Juan Carlos, a interesarse por el, xunto a Rodrigo, xefe de Protio Sport.

 

Alejandro co equipo de Terceira do CD Barco.
Alejandro co Cultural Leonés antes do partido desta fin de semana en Valladolid.

 

“Levaban un tempo obsérvandoo e conseguiron ofertas de varios equipos para Alejandro, entre outros da UD Ourense para xogar en xuvenil nacional con dinámica do primeiro equipo de Terceira División, pero por proximidade decantámonos pola Cultural Leonesa que apostou por el asumindo todos os gastos do rapaz”, explican os pais de Alejandro, esperando que poida lograr o seu soño de ser futbolista. Dende logo os medios e as ganas estanos poñendo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button