DeportesÚltima hora

Alejo Ares, Leticia Fernández e Leticia Gil, toque valdeorrés da selección galega de atletismo no nacional de federacións autonómicas

Da lista de 48 atletas convocados pola federación galega para acudir a esta competición, que se celebrará o 14 de xullo en Granollers, tamén estaba o marchador valdeorrés José Fernández, pero non poderá acudir por motivos laborais
O atleta Alejo Ares, natural de Sobradelo./ Foto: A.R.

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de publicar a lista de atletas oficialmente convocados para formar parte da selección que representará a comunidade galega o vindeiro 14 de xullo en Granollers (Cataluña) no XLIII Campionato de España de federacións autonómicas.

Leticia Fernández (Adas), nunha proba./ Foto: Carlos G. Hervella.

Serán un total de 48 atletas os que representarán a Galicia nesta cita e terán “como difícil reto intentar igualar ou mellorar a excelente actuación do ano pasado na que lembramos que o equipo feminino acadaría un histórico segundo posto e un sexto no caso do masculino”, tal e como sinala a FGA.

Entre os atletas convocados hai tres relacionados con Valdeorras. É o caso de Leticia Fernández e Alejo Ares, ambos do Club Adas do Barco, que competirán nos 800 m e nos 5.000 m, respectivamente. Tamén está convocada a valdeorresa Leticia Gil (Simply Scorpio 71) para a proba de lonxitude. Tamén forma parte da lista de convocados o marchador valdeorrés José Fernández Nieves (R.C. Celta), sen embargo non poderá acudir á competición por motivos laborais.

 

A valdeorresa Leticia Gil./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button