DeportesÚltima hora

Alejo Ares, prata nos 3.000 m no campionato galego absoluto de pista cuberta

O atleta valdeorrés Alejo Ares./ Foto: A.R.

 

O atleta de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) Alejo Ares Prada vén de proclamarse subcampión galego nos 3.000 metros en pista cuberta. Este corredor, que agora viste a camiseta do R.C. Celta, acudía o 23 de febreiro ao autonómico que se celebraba en Expourense.

O valdeorrés completaba a súa proba cun tempo de 8:20.73, sendo unicamente superado polo tamén ourensán Alejandro Fernández Rivera, cunha marca de 8:09.87.

Artigos relacionados

Back to top button