OurenseÚltima hora

Alerta amarela por choivas e tormentas en Valdeorras e no resto da provincia de Ourense

Alertas amarelas activadas pola Aemet para este venres./ Fonte: Aemet.

 

Dende as 12h. deste venres 8 de setembro a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activada unha alerta amarela por choivas e tormentas na comarca de Valdeorras e tamén no resto da provincia de Ourense. Prevese unha precipitación acumulada de 15 mm nunha hora, cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%.

A alerta esténdese ata as 21:59h. deste venres.

Artigos relacionados

Back to top button