ConcellosÚltima hora

Alerta amarela por chuvia e vento en Valdeorras e no resto da provincia de Ourense

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado un aviso amarelo para este martes por chovias e vento (cunha probabilidade entre o 40 e o 70%) na provincia de Ourense: Valdeorras, zonas de montaña, Noroeste de Ourense, Miño de Ourense e Sur de Ourense.

No caso da alerta por chuvias, agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas de 40 mm. “Na zona de aviso do Sur de Orense estas precipitacións daranse con maior probabilidade no suroeste”, segundo a Aemet.

No relativo ao vento, prevense refachos máximos de 70 km/h. de ventos de compoñente sur en Valdeorras, mentres na montaña de Ourense os refachos poderían chegar aos 80 km.

Artigos relacionados

Back to top button