En portadaÚltima hora

Alerta laranxa por fortes refachos de vento e chuvia para mañá

Avisos da Aemet para este mércores.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado un aviso laranxa por vento e chuvias para mañá, 9 de outubro, en toda Galicia.

No caso da comarca de Valdeorras, de 8 a 13:59h. espéranse refachos de vento máximos de 100 km/h; e entre as 00:00 e as 15:59h. precipitacións acumuladas de 40 mm en 12 horas.

Debido á activación da alerta a “Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender durante toda a xornada de mañá as actividades no exterior nos centros educativos de Galicia”, informan dende a Xunta, engadindo que para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, “as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades extraescolares”. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

Artigos relacionados

Back to top button