
A AEMET alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choivas e treboadas intensas, que poderá afectar ao centro e sur de Lugo. “Espéranse máis de 30 mm en 1 hora, con posible sarabia”, indican dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía.
No resto de Lugo, no interior e noroeste da Coruña e no sur, Miño, montaña e Valdeorras de Ourense, o aviso será de nivel amarelo, con “treboadas puntualmente fortes e tamén posibilidade de sarabia”. A previsión é para as 15 horas con precipitación acumulada nunha hora de 15mm.
Dende a AEMET recomendan” extremar as precaucións e seguir as indicacións dos servizos de emerxencia. Ante calquera emerxencia, chamar ao 112 Galicia”.



