ConcellosÚltima hora

Alerta amarela por onda de calor en Valdeorras

Fonte: 112 Galicia.

 

A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, e no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de declarar neste 8 de xullo a situación de alerta máxima por calor.

En nivel de alerta amarelo sitúase a boa parte dos concellos da comarca de Valdeorras: O Barco, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín.

Ademais Meteogalicia informa de que “a partir de hoxe e nos próximos días continuaremos baixo a influencia das altas presións estacionarias no norte da península, xerando unha circulación do noroeste que se irá debilitando progresivamente. Esta situación favorece a entrada de aire moi cálido africano”.

Artigos relacionados

Back to top button