En portadaÚltima hora

Alerta laranxa en Valdeorras por tormentas e chuvias

O aviso está activado para este mércores 16 de xuño dende as 12h. ata a noite

Publicidade

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado para este mércores 16 de xuño alerta laranxa  por tormentas e chuvias que dará comezo a partir das 12 horas e prolongarase ata a noite, afectando  a boa parte das provincias de Lugo e Ourense, incluída a comarca de Valdedorras, onde se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento.

A AEMET tamén informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e chuvias para o mesmo período que afectará á Coruña (Interior); Ourense (Noroeste) e Pontevedra (Interior). Nestas zonas, prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, recoméndase chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Artigos relacionados

Back to top button