EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Alfonso Rodríguez, da Rúa, Medalla de Ouro de Tecnoloxía da Moda no “GaliciaSkills” 2021

O estudante valdeorrés competiu no Campionato Galego de Formación Profesional polo CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alfonso Rodríguez. Foto: FPGalicia.

 

Hai uns días, facíanse públicos os resultados do Galiciaskills 2021, 6º Campionato Galego de Formación Profesional, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sendo un dos premiados natural da Rúa.

Trátase de Alfonso Rodríguez Díez que lograba a Medalla de Ouro de Tecnoloxía da Moda, alumno do CIFP Paseo das Pontes baixo a supervisión da titora, María Cruz Iglesias Viqueira

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, Galiciaskills 2021 pretende “darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia”. Trátase dun campionato eminentemente práctico, que consiste no desenvolvemento de 23 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas, demostrando as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

 

Artigos relacionados

Back to top button