As obras da conexión da N-536 coa N-120 (no tramo Sobradelo-O Barco), a denominada circunvalación avanzan e xa son moi visibles as actuacións en diferentes puntos do trazado. Así o destacaba esta mañá o alcalde do Barco, Alfredo García.
“Estase traballando a pleno rendemento e a estrada vai moi ben. Están traballando en Millarouso, na rotonda, no Serro… Penso que se están cumprindo os prazos perfectamente”, sinalaba o rexedor barquense, que tamén facía fincapé en que “hai moito movemento de camións” e en que “son numerosas as persoas que están a traballar nestas obras.

A construción desta variante duns 5,6 km, cun orzamento duns 50 millóns de euros, requerirá da execución de cinco novos viaductos, entre os que destaca o viaducto sobre o Sil, de 461 m de lonxitude, e un novo túnel de 490 m.
Fotos: Carlos G. Hervella.