CulturaCulturaGalerías de fotos

Alfredo Gómez Cerdá, no colexio Divina Pastora do Barco

O escritor mantivo un encontro cos alumnos para falar sobre o seu libro “El monstruo y la bibliotecaria”

Na mañá do 16 de maio, os alumnos de 4º de Educación Primaria e 1º da ESO do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, mantiveron un encontro co escritor madrileño Alfredo Gómez Cerdá, recoñecido autor de literatura infantil e xuvenil, con máis dun cento de obras publicadas. Algunhas delas foron galardonadas, como “Barro de Medellín” premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009.

Entre a obra de Alfredo Gómez destaca tamén “El monstruo y la bibliotecaria” libro que leron no Divina Pastora no terceiro trimestre deste curso e sobre o que os alumnos puderon preguntar ao autor, compartindo e comentando con el as súas impresións.
O acto, dentro do programa de animación á lectura, estivo coordinado polo departamento de lingua do centro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button