ConcellosO BarcoOpiniónÚltima hora

“Algo de sentido común, por favor”

Carta ao director remitida por Diana Yáñez Álvarez

Árbores no Paseo do Malecón do Barco.

 

Dende sempre me interesaron as cuestións mediambientais.

Na miña época moza, estiven militando na Plataforma ecoloxiste de Valdeorras, que xurdira como unión de persoas da comarca para tratar de defender o mantemento da Raña coa
categoría de espazo natural.

Governando o sr Gavela, xa se tiñan cortado 8 magníficas plataneiras centenarias que estaban na entrada do Barco, pasando o riu Cigüeño.

Despois, o sr Gurriarán, recibíranos nunha reunión formal, como representantes da Plataforma Ecoloxista, na que nos aseguraba que se faría un estudo do estado das árbores da entrada pola Proba, para retirar só as danadas ou enfermas. Arrasou con mais de cen árbores que conformaban un espléndido túnel ; por suposto, sen realizar estudo ningún.

E agora, o sr García, tamén quere deixar o seu legado ANTIÁRBORES. Xa leva mandado talar unha chea délas (detrás do campo de fútbol, na praia do Malecón, na Avda do Bierzo…). Aínda que, o mais indignante para mín, son as podas salvaxes que ano tras ano se fan a tódalas árbores do pobo. As mesmas que contribuien a atenuar a contaminación da invasión de coches.

Recolléranse sinaturas para impedilo, pero nada fai cesar esta desfeita…

Por iso, non quero rendirme, e pretendo volver a apelar a quen governará a partires das próximas eleccións, tamén a oposición, a que observen a diferenza entre as árbores que se atopan no riu (tamén platanos) e os que configuran o paseo do Malecón.

Mentres as que permanecen sen podar xa dan sombra, pois as follas conforman unha copa chea de folliñas; as que se podan teñen un aspecto monstruoso polos bultos das podas excesivas, feridas/e só consiguen reventar por algunhas das polas que se lle riparon a quen as masacrou. Fai mais sombra o seu tronco que as follas.

POR FAVOR! Fagan algo antes de que sexa tarde. Xa se tiveron que retirar varias das árbores mortas, porque enferman, non se tratan as feridas que lle produce a tala (poda). No foron substituídas por outras.

Con esta calor, que cada ano comeza antes, sempre será mais agradable aproveitar unha frondosa sombra que proporciona aire limpo, que por unha invasión de sombrillas e toldos.
A quen mande: APLIQUE ALGO DE SENTIDO COMÚN!

P.D. Seica a opinión profesional é moi importante, polo que quero recomendarlles a consulta de artigos escritos polo presidente da Asociación Española de Arboricultura, sobre a necesidade de cuestionarse as podas sistemáticas que se realizan.

Asinado: Diana Yáñez Álvarez

Artigos relacionados

Back to top button