Con moita preocupación se está a vivir tamén no concello de Carballeda de Valdeorras o incendio forestal de Riodolas, que se reativaba a primeira hora desta tarde. “A situación está moi mal, en Candeda xa entrou o lume, o que pasa é que xa se desaloxara. Ás 13h. horas reactivouse, veu o vento e aquilo xa era imposible apagalo, xa quemou unha motobomba e unha pa”, explica a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González.
Ademais a rexedora sinala que xa arderon algunhas casas, “non se saben exactamente cales, porque hai algunhas abandonadas”. O que si confirma a rexedora é que, afortunadamente non houbo que lamentar ningún dano persoal “porque xa se desaloxara o pobo cando entrou o lume”.