ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

Algúns dos mellores dj’s de Galicia animan a ‘Goom Californian Edition’ en Vilamartín

 

Dende as seis da tarde e ata pasadas as seis e media da madrugada. Doce horas ininterrumpidas de música é o que ofrece a ‘Goom Californian Edition’ o festival urbano especialmente orientado para a xuventude e organizada por GOOM, que por segundo ano consecutivo reunía nos exteriores do Complexo Hostaleiro Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, aos mellores dj’s galegos.

 

 

Nesta segunda edición, GOOM daba cabida a todo tipo de música con rap, urbana, EDM, rock… e tal como estaba previsto, polo escenario do festival pasaron unha quincena de dj´s destacando Ricky Home Libre, un dos rapeiros máis respetados en Galicia; un tributo inigualable e recoñecido como o de Red Hot Chili Peppers e algúns dos mellores dj´s de Galicia como Mark Deluxe, Maqui Álvarez, Anxo Silva ou Xoel Muiños, ademais, de José Brea, Sergito, Isra, Iván Tato, J. Rodríguez e a incorporación no último momento de Groove Amigos.

 

 

Dentro do propio recinto había zonas de descanso ‘Chill out’, zona de bar para beber e tamén  comer, así como venda de merchandising cuxa recadación irá destinada a Peludines Valdeorras.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button