A Casa da Cultura será escenario mañá do espectáculo infantil “Unha marimba no mar” e o domingo tocará a banda de música da vila
A vila de Allariz afronta dende mañá unha fin de semana con varias actividades culturais para todos os públicos. Deste xeito, mañá ás 12.00 hai programado na Casa da Cultura un espectáculo para público escolar a cargo das artistas Kendelman e Bolado, baixo o título “Unha marimba no mar”.
Na xornada do sábado, o Concello anunciou que festexará o día do libro con agasallos a todos os visitantes do complexo museístico pola compra das entradas e tamén haberá un obradoiro de creación de marionetas para nenos.
Por último, o domingo, arredor das 12.30 horas, a Banda Unión Musical de Allariz ofrecerá un concerto da escola de música, que se celebrará na Casa da Cultura.