En portadaÚltima hora

Alpha Raíces, Café Teatro Bajo 5, La Maltería e O Buraco, locais finalistas ao mellor pincho da Ruta do Barco

Así o vén de facer público a organización, que ademais dá a coñecer os nomes dos participantes premiados no sorte de ceas

 

Éxito de participación e unha venda de máis de 9.000 petiscos entre os días 12 e 20 de xaneiro. É o positivo balance que se fai dende a organización da XII Ruta do Pinchos O Barco vai de Viños. O evento gastronómico, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras, o Centro Comercial Aberto O Barco e o Concello, contou coa participación de 18 establecementos hostaleiros deste municipio que se implicaron na elaboración dun petisco especial e a promoción da ruta.

A acción busca poñer en valor a nosa gastronomía, así como os viños de Valdeorras, e dinamizar o sector hostaleiro do Barco; ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa de lecer aos veciños/as e turistas.

Para o sorteo de ceas e a votación popular depositáronse 455 papeletas seladas nun mínimo de cinco establecementos diferentes, polo menos un de cada zona: Mencía, Godello e Garnacha, nas urnas instaladas nos bares e restaurantes.

En canto á votación popular do mellor petisco da ruta, os organizadores realizaron un reconto de votos para coñecer os catro petiscos máis votados que corresponden aos establecementos Alpha Raíces, Café Teatro Baixo 5, A Maltería e Taberna O Buraco (ordenados alfabeticamente).

As súas elaboracións serán sometidas á valoración dun xurado profesional o vindeiro sábado 28 de xaneiro. Da devandita valoración sairá o petisco gañador da XII Ruta de Pinchos do Barco, e a entrega de premios será o domingo día 29 de xaneiro ás 12.00 h na Casa do Río Cigüeño.

Por outra banda, entre todos os participantes da ruta que cubriron a súa papeleta realizouse o sorteo de catro ceas para catro parellas. Os afortunados son:

− Cea para dúas persoas en Alpha Raíces, doada por Exclusivas Morales: DANIEL ARGÜELLO GONZÁLEZ
− Cea para dúas persoas en Piquiño, doada por Adegas D`Berna: ALBA MARÍA FERNÁNDEZ VARELA
− Cea para dúas persoas en Fernando III, doada por Distribucionss Roca: LEONARDO GARCÍA FERNÁNDEZ
− Cea para dúas persoas en Pulpería El Dorado, doada por Distribucións Anger Valdeorras:
ELENA NOVOA ÁLVAREZ

Artigos relacionados

Back to top button