DeportesÚltima hora

A alta gama do motor chega ao Carballiño este sábado

A II Quedada de Superdeportivos encherá a Praza Maior da vila con modelos como Porsche, Mercedes, BMW, Audi, Ferrari ou Lamborgini
José Manuel Dacal, Francisco Fumega e Santi Pereira.

A alta gama do motor chega ao Carballiño este sábado, 27 de maio. Setenta e seis vehículos concentraranse nos arredores da Praza Maior, dentro da II Quedada de Superdeportivos Vila do Carballiño. Dende o Concello aseguran que as inscricións proceden de toda Galicia, pero tamén de fóra, como Madrid ou Portugal. Entre as marcas asistentes figuran últimos modelos de Ferrari, Porsche, Mercedes, Audi, Lamborghini e BMW. Uns vehículos non aseguibles a todos os petos xa que os prezos van dende os 100.000 euros aos 250.000 euros, polo que o valor total dos coches participantes pode rondar os 11 millóns de euros.

O evento foi presentado hoxe, 25 de maio, polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, e o organizador Santi Pereira, propietario do bar Plaza. Ademais dos 76 coches, hai inscritas unhas 150 persoas.

A concentración comezará o sábado ás 10:00 horas, e a partir do mediodía realizarase unha ruta ata o circuito de O Choupeiro, en Biduedo. Sobre as 13:30 horas regrestarán ao Carballiño e, ás 14:00 horas,  haberá un xantar nunha carpa que se instalará na Praza Maior. Asemade, haberá animación cun DJ presentador.

Con respecto á primeira edición, Santi Pereira dixo que nesta ocasión “non ían participar coches historico deportivos, porque non había cabida na Praza Maior para tanto vehículo” e polo tanto só haberá superdeportivos recentes.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes sinalaron que era un gran acontecmento para a vila, xa que “atraerá a moitos visitantes e supón unha plataforma de promoción”, polo que agradeceron a iniciativa.

 

Artigos relacionados

Back to top button