DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación no Aberto de Billarda de Manzaneda

No campionato, celebrado no campo de fútbol da vila, competiron 26 xogadores

O campo de fútbol do Poboado de Manzaneda acollía na tarde do 24 de agosto un animado campionato de billarda que se estendía durante catro horas. Organizado en colaboración co Concello e a Liga Nacional de Billarda, o torneo contou con 26 participantes, 20 homes e 6 mulleres (12 adultos e 14 menores de 18 anos), seis pertencentes á LNB e o resto afeccionados.

Tal como explican dende a organización os participantes distribuíronse en dous grupos con 13 xogadores cada un, que fixeron catro carreiras para conseguir entre 5 e 0 puntos e da suma de todas as puntuacións saíron catro clasificados por grupo. No grupo A, o 1° foi Xan (LNB) con 23 puntos; o 2° Pablo (Manzaneda) con 20; o 3° Manolo Fariña (LNB) con 13; e o 4º David (Manzaneda) con 11. No grupo B a maior puntuación foi para Luís González (LNB) con 19 puntos; seguido por Casilda (LNB) con 14; Sara (Manzaneda) con 10; e Lorenzo (Manzaneda) con 9.

A competición continuaba con tres carreiras máis e os cruces correspondentes ata chegar á semifinal e final da que saíron os gañadores: 1° Manolo Fariña (LNB); 2° Luís González (LNB); e 3º Pablo (Manzaneda). Ademais dos trofeos houbo agasallos para todos os participantes por xentileza de Hostal O Pendón, Supermercado Spar e Ferretería Herminio Cereijo.

A maiores dos anfitrións de Manzaneda (nativos e veraneantes) e da Liga Nacional de Billarda, tamén participaron membros da Asociación RíoMola de San Xoán de Río. Todos viviron unha tarde moi emocionante e amena, especialmente os mozos que despois de tres ano xogando todas as tardes de verán puderon por fin competir.

Fotos: Belén Dacosta.

Artigos relacionados

Back to top button