CulturaCulturaÚltima hora

Alumnado do IES Cosme López da Rúa participará no Encontro de Poetas de Valdeorras

A XIII edición da xuntanza celebrarase en Córgomo (Vilamartín) e homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán con versos inéditos

A anterior edición do Encontro, xusto antes da pandemia, celebrouse na Adega Melillas, na Rúa./ Foto: Verónica Vieira González.

 

Tralo ano de parón pola pandemia, o Encontro de Poetas de Valdeorras retoma a súa cita anual cambiando a súa ubicación habitual na zona da Coroa, na Rúa, por Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras onde se celebrará este sábado 12 de marzo.

A organizadora do Encontro asegura que este é o ano indicado para iniciar a itinerancia do evento, que sempre estará nunha zona de videiras, comenzando polo viñedo que tanto inspirou a Florencio. “Sendo o seu ano pareceunos importante facelo en Córgomo dividindo a temática en dúas partes, unha con poemas adicados a Florencio e outra con pezas que reflexionen sobre a soidade, un sentimento que medra nestes tempos de comunicación”, explica Rosa.

 

 

Coma noutras ocasións, ademais de poetas xa consolidados (moitos dos asistentes repiten doutras citas) tamén haberá espazo para a mocidade que se estrea nas letras. Así, este será o terceiro ano no que participe alumnado do IES Cosme López da Rúa. A rapazada leva un tempo estudando a obra de Florencio e poderán recitar poemas propios inspirados nel. O evento comeza ás 16.30 na praza da Aira da Cruz e tralos recitados trasladarase ao espazo de arte CondeyTorino, no propio Córgomo, para un concerto de piano e voz a cargo de Chiruca e Mauro.

Para o regreso neste 2022, o Encontro de Poetas conta coa colaboración do Concello de Vilamartín e co apoio de As letras de Florencio.

 

Artigos relacionados

Back to top button